O gaiteiro Cristian Silva amosa o seu 'Ego' en Vilagarcía
Por Redacción
O gaiteiro vilagarcián Cristian Silva ofrece este mércores 20 un concerto no Salón García coa presentación do seu primeiro traballo discográfico, que leva por título 'Ego'.
O músico ofrece unha viaxe a través de dez estacións nas que a gaita e as frautas mestúranse con sintetizadores e a percusión galega para levar ao espectador a un novo universo sonoro fundindo a música indie e pop co instrumento tradicional galego.
Silva tocará cunha banda formada por cinco músicos e contará coa intervención de amigos como Os Xirfeiros de Carril, o guitarrista Gonzalo Cortés ou as pandereitas de Pandeiromus. Poderase escoitar tamén a voz de Davide Salvado e a guitarra flamenca de Xosé Piñeiro.
A actuación comezará ás 22.00 horas e as entradas teñen un prezo de 5 euros. Pódense adquirir en ticketea e a través do teléfono 902.044.226 e en despacho de billetes a partir das 20.00 horas.