Autumn Comets e Incendios pechan un intenso mes de abril en Sala Karma
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Sala Karma preparou unha ampla oferta musical para esta última fin de semana de abril. Polo seu escenario pasarán dúas bandas españolas: Autumn Comets e Incendios, o proxecto paralelo dos membros de Atención Tsunami.
O sábado 23 de abril, a partir das dez e media da noite, actuarán os madrileños Autumn Comets. Presentarán en directo o seu cuarto disco, We are here / You are not, un traballo que marca o inicio dunha nova etapa na banda que atopou no shoegaze, o pop acoirazado e o folk máis ou menos matizado un vehículo perfecto para chegar á súa propia visión do indie. Ademais, estréanse cantando en español con dous temas deste novo disco.
Autumn Comets chegan a Sala Karma acompañados de Incendios, o proxecto musical paralelo dos membros de Atención Tsunami.
Se no seu debut, El cuerpo humano, Incendios xa construían con solvencia paisaxes de pop emocional cunha madurez e contención a proba de voltas, con Las sillas voladoras -o seu novo traballo discográfico- o grupo expande a súa paleta de cores para permitir que as cancións estalen en múltiples direccións.
As entradas xa están á venda a través de El Pequeño, Bullit Store e www.ticketea.com. Teñen un prezo de 7 euros anticipada e 9 en despacho de billetes.
O que quedou aprazado é o concerto de Idealipsticks, o dúo formado por Eva e Jave Ryjlen, que tiñan previsto actuar este venres 22 de abril a partir das dez e media da noite. Chegaban a Pontevedra cunha xira que comezaban o pasado mes de marzo en Madrid e coa que seguen presentado o disco Surreal As Reality, que se reeditará esta primavera nunha edición especial en vinilo.
Neste novo traballo, Idealipsticks seguen fieis ao seu estilo de rock clásico e visceral, cambiando a latitude e temperatura das súas composicións, pero mantendo a clase, o estilo e un son perfectamente reconocible aínda que máis escuro e contundente. Dez temas moi maduros que combinan aínda mellor o masculino co feminino resultante da ecuación perfecta entre as puntiagudas guitarras de Jave coa voz cada vez máis sobrada de Eva.
Relacionadas:
-
Autumn Comets e Incendios, dúas bandas españolas para o sábado noite da Sala Karma
Por Diego Torrado | Creada e actualizada