Concertos, baile na rúa, visitas de noite e unha torta para celebrar co CITA o día dos museos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Aínda que a data oficial é o vindeiro mércores 18, o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) adianta a esta fin de semana a súa programación especial con motivo do Día dos Museos.
A axenda foi presentada este xoves polo concelleiro Luis Bará e inclúe concertos, baile na rúa, visitas de noite e ata unha torta.
- Sábado 14 de maio: A noite dos museos
- CITA: Xornada de portas abertas
- De 18.00 a 00.00 horas.
- Jazz SPJ Trío
- Dani Font (guitarra), Pablo Patiño (contrabaixo) e David Puime (batería)
- Ás 22.00 horas
- CITA: Xornada de portas abertas
- Mércores 18 de maio: Día internacional dos museos
- CITA: Xornada de portas abertas
- Horario ininterrumpido de 11.00 a 21.00 horas
- Flashmob na Praza da Peregrina
- De 10.00 a 13.00 horas
- Alumnado de Turismo do Carlos Oroza
- Torta conmemorativa no CITA
- Ás 13.00 horas
- Alumnado de Hostalería do Carlos Oroza
- CITA: Xornada de portas abertas
- Xoves 19 de maio
- No CITA haberá unha conferencia: "Conservación, o futuro do pasado"
- Visita de Fernando Carrera, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o alumnado de historia do IES Xunqueira I
- De 13.00 a 14.00 horas
- No CITA haberá unha conferencia: "Conservación, o futuro do pasado"
- Venres 20 de maio
- No CITA: Concerto dos Grupos de Cámara co Conservatorio de Música Manuel Quiroga
- Ás 20.00 horas. Entrada gratuita.
- No CITA: Concerto dos Grupos de Cámara co Conservatorio de Música Manuel Quiroga
Durante todos os días proxectarase a obra "Eco de recuerdos olvidados", de Sheila Broullón. Un traballo audiovisual de sete minutos de duración que plantexa a pregunta: que pasa co que xa non se pode lembrar?