Dorian e La Casa de los Ingleses abren coa praza chea os concertos da Peregrina 2016
Por Cristina Saiz
Co tirón dun grupo local, La Casa de los Ingleses, e o atractivo dunha das bandas actuais con maior proxección nacional e internacional, Dorian. Así de forte estreouse este sábado o ciclo de concertos das festas da Peregrina e a oferta convenceu ao público, que encheu a praza de España.
O fenómeno fan está moi arraigado en ambos os grupos, como demostrou a presenza de grupos de mozos desde varias horas antes da actuación. Empezaron, como teloneiros, os pontevedreses La Casa de los Ingleses e ofreceron un concerto cun repaso ao seu repertorio indie pop no que non faltaron as súas cancións rítmicas e bailables e as pezas máis próximas e intensas.
Logo tocoulle a quenda ao son de new wave, música electrónica e indie rock de Dorian, que resumiu sobre o escenario a súa década de carreira deixando moi bo sabor de boca para quen este domingo toma o relevo dos concertos das festas locais, Xoel López.
Domingo 14: Xoel López
Luns 15: Quatro de abril e Bertín Osborne
Martes 16: Furious Monkey House e Izal
Mércores 17: Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel. Treixadura e Banda de Música de Pontevedra
Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music
Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón
Domingo 21: Loquillo
Relacionadas:
-
RADIO.- Anxo Guerra ou a "forma natural" de vivir a vida
Por Marisa Ciordia |
-
Os fans de Furious Monkey House e Izal compiten en fervor
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Bertín Osborne abarrota a praza de España e Quatro D Abril case enche na Ferrería
Por Diego Torrado |
-
As Festas da Peregrina chegan. E con fogos de artificio!
Por Redacción |
-
Bertín Osborne, Dvicio, Loquillo, Izal e Xoel López, atractivos para as Festas da Peregrina
Por Redacción |