Luar na Lubre conquista a Praza da Chousa
Por Diego Torrado
A praza da Chousa de Combarro acolleu este xoves o concerto de Luar na Lubre.
Enmarcado no Festifolk Poio, dentro da programación da Festa do Mar, a actuación da banda galega foi moi aplaudida polo numeroso público asistente.
A piques de cumprir tres décadas de traxectoria, a agrupación galega converteuse nun dos grandes referentes internacionais da música celta en España.
En Combarro ofreceron temas do seu novo disco, "Extra Mundi", número 16 da súa carreira, pero tamén lembraron os seus grandes "clásicos" que foron compostos durante estes case trinta anos de percorrido.
Foi un concerto fresco, intenso, cheo de matices, de sensibilidade e forza que non deixou indiferente a ninguén, xusto o que prometeran.