A Banda de Música de Pontevedra invita a madrugar os domingos
Por Diego Torrado
As mañás dos domingos son para gozar e a Banda de Música de Pontevedra (BMP) propúxose ser parte activa dese goce co traslado do seu Ciclo de Outono ao mediodía dominical con concertos no Teatro Principal.
Desta forma, este domingo inaugurábase o ciclo co concerto "Samaín Musical", dedicado aos sons celtas e coa actuación de José Manuel López "Josele" como solista. A actuación mostrou a fusión creativa dos motivos irlandeses, escoceses e galegos coas técnicas compositivas contemporáneas e os instrumentos típidos do folclore celta.
O ciclo continuará con cinco concertos máis, todos eles gratuítos. Desta forma, o próximo 23 de outubro haberá unha nova cita para os amantes da música. Os concertos levarán a cabo ás 12.30 horas tamén o 6 e o 20 de novembro, ademais do 4 de decembro. O 22 de decembro chegará a última actuación deste ciclo cunha actuación da BMP a partir das 21.00 horas, tamén no Principal.
Relacionadas:
-
O país dos instrumentos invade o Teatro Principal da man da Banda de Música
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción |
-
Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Concertos os domingos pola mañá, novidade do Ciclo de Outono da BMP
Por Alejandro Espiño |