Escuchando Elefantes presenta o seu novo single na Sala Karma
Por Redacción
Carlos e Silvia son os músicos galegos que se presentan baixo o nome de Escuchando Elefantes. Atópanse preparando o seu terceiro álbum discográfico e o primeiro dos singles poderase escoitar este venres no concerto que ofrecerán, a partir das 22.30 horas, na Sala Karma de Pontevedra.
O single que leva por título 'Anyway' conta cun videoclip cargado de denuncia.
A actuación na Sala Karma será unha das últimas actuacións da banda antes de que presenten o seu novo traballo en 2017, que se atopa en fase de gravación e produción.
Nesta ocasión, ambos os músicos ofrecerán o seu novo formato musical cun directo eléctrico e moi potente no que Silvia e Carlos tocan guitarras e baterías.