Mozart e Chopin dialogarán a través do pianista Josep Colom no Teatro Principal
Por Redacción
O pianista Josep Colom propón un concerto orixinal no que se establecerá un diálogo imaxinario entre Mozart e Chopin con pezas dos dous compositores acompañadas por unha videocreación elaborada por Inés Salvado e Álvaro Mayor a partir de fotografías de camelias realizadas polo artista Juan da Sota.
Será este mércores 7 a partir das 20.30 horas no Teatro Principal de Pontevedra nunha actividade promovida pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello. A entrada será libre ata completar o aforamento.
O proxecto parte da idea de que tería sucedido no caso de que Mozart non falecera aos 35 anos e, a comezos do século XIX, tivese a oportunidade de compartir vivencias en Viena cun Chopin aínda moi novo.
Os concertos organizados desde la Universidade de Vigo continuarán o sábado 10 coa presentación do libro disco En Cabárceno se sigue cantando de Susa Herrera.