Sábado para viaxar ao mundo máxico de Pinocho no Pazo da Cultura
Por Redacción
Pinocho chega este sábado ao Pazo da Cultura como protagonista dun novo musical infantil a cargo de EducaTeatro Producións en dobre sesión. As entradas para a sesión das 17.00 horas atópanse practicamente esgotadas e por ese motivo decidiuse organizar unha nova función a partir das 19.00 horas.
No espectáculo 'O mundo máxico de Pinocho', o público descubrirá a historia do personaxe de madeira contada por Pepito Grilo, que en compañía de Raposo e Gato acompañarán ao protagonista no seu obxectivo de converterse nun neno de carne e óso. Ao longo da obra, os espectadores coñecerán o taller de Gepetto, a escola e un circo cun malvado titiritero.
Os asistentes recibirán un marcapáxinas con forma de variña máxica para axudar ao Fada Mimadriña durante a función. Ao final do espectáculo, o público poderá sacarse fotos con personaxes da obra.
A obra dura 60 minutos e está destinada ao público familiar con escolares de máis de dous anos. As entradas anticipadas pódense adquirir a un prezo único de 8 euros, menores de 24 meses que se poidan sentar no colo non pagarán entrada, en Ataquilla. Tamén se despacharán de non acabarse o mesmo día da función no despacho de billetes do teatro por 10 euros.