40 anos de moito Xenio en Mourente
Por Redacción
O grupo de teatro Xenio celebra este domingo 18 de decembro ás 19.00 horas no local da Sociedade Cultural Deportiva de Mourente unha gala polo seu 40 aniversario. Con entrada gratuíta desenvolverase un evento no que se reunirán algúns dos compoñentes máis veteranos para realizar un repaso da historia desta agrupación. Revisaranse escenas das mellores obras teatrais que se realizaron na parrquia de Mourente por parte desta agrupación.
As persoas que acudan a esta gala poderán contemplar unha exposición de fotografías sobre a traxectoria teatral de Xenio, coa proxección dun vídeo sobre a historia do grupo, exhibicións de baile e cancións en directo para iniciar un programa de actuacións que se van a desenvolver nos próximos meses con motivo destes corenta anos do grupo de teatro da S.C.D. Mourente.
O programa teatral que se vai a desenvolver nos próximos meses contempla a representación de varias actuacións de outras compañías, que comezarán o 15 de xaneiro coa representación do grupo Lúa chea e a obra 'Repouso absoluto'.
Xenio concluirá esta programa de actuacións coa estrea do espectáculo 'Dona Micaela', baseada nun conto de Castelao e adaptada por Charo Valcárcel.