O Liceo Casino acolle en febreiro unha mostra de Mecha e a presentación literaria de María Prendes
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra ofrece unha programación cultural para o mes de febreiro coa presenza dos traballos artísticos de dúas mulleres vencelladas a Pontevedra.
Do 3 ao 15 de febreiro, Mercedes Neto, "Mecha", presentará os seus traballos pictóricos baixo o título "Brillos de Mecha en el Liceo" na Sala de Exposicións desta sociedade na sede da rúa Manuel Quiroga. A inauguración será o 3 de febreiro ás 20.00 horas.
A artista pontevedresa, autodidacta, sinala que se reencontrou coa pintura na súa mediana idade e a artista alcanzou un notable éxito entre o público e a crítica, cun importante volume de vendas. Os seus traballos sitúanse no expresionismo abstracto recollendo paisaxes tomadas dunha natureza diferente.
O 6 de febreiro, a escritora residente en Pontevedra, María Prendes, presentará tamén na sede do Liceo Casino o seu libro 'En Invierno madura el fruto', de Editorial Discursiva. Será ás 20.00 horas no Salón Nobre. A portada do libro foi realizada pola colaboradora de PontevedraViva, Anxos Loureiro.