O Liceo Casino de Pontevedra organiza un coloquio sobre dúas obras literarias ambientadas en pazos galegos
O vindeiro xoves 2 de marzo ás 19:30 horas, o Liceo Casino acollerá a charla-coloquio 'El Pazo como inspiración literaria'.
As escritoras que protagonizarán este acto son Lola Fernández Pazos, autora de 'El Pazo de Lourizán' e Silvia Rodríguez Coadas, escritora de 'Bosquesanto'. Terá lugar no salón de actos da sede en Manuel Quiroga coa presentación a cargo de María Prieto Cervera-Mercadillo, vicepresidenta do Liceo Casino de Pontevedra e Mercedes Arbolí, da Área de Cultura.
María Prieto asegura que con esta acción pretenden continuar potenciando a lectura e o coñecemento literario entre os pontevedreses e, ademais, continuar servindo de punto de encontro para achegar os autores aos seus lectores.
Para a avogada e escritora Silvia Rodríguez, a inspiración da contorna do Pazo da Saleta serviulle para recrear o ambiente de 'Bosquesanto' e para enfatizar a necesidade de conservar o encanto destas edificacións e a naturaleza que as rodea. "Todo iso supón o noso mellor patrimonio", explica a autora.
Segundo a xornalista económica, e agora tamén escritora, Lola Fernández foi unha honra poder contribuír ao coñecemento dos Pazos galegos en todo o mundo grazas á lectura de 'El Pazo de Lourizán'. Moitos lectores interesáronse por visitalo tras ler a obra, segundo relata, e "iso para min supón unha grande compensación ao esforzo"
A sesión, que estará aberta a todo o público interesado ata completar o aforo, intégrase dentro da programación cultural da nova directiva do Liceo Casino.