Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Por Redacción & Mónica Patxot
Con gran éxito de público, como é habitual nos seus concertos, a Banda de Música de Pontevedra arrancou cunha nova edición do seu ciclo de butacas. O lugar escollido, de novo, foi o Teatro Principal de Pontevedra.
A formación dirixida por Rafael Agulló puxo en escena un recital denominado Colaxe folkclórica, interpretando temas tradicionais de diferentes culturas de todo o mundo.
Así, os músicos da banda pontevedresa interpretaron un percorrido musical pola música de raíz de todo o planeta.
O repertorio incluíu pezas inspiradas en África, o afastado oeste e os sons indios, os ritmos latinomexicanos e eslavos. O broche de ouro foi unha rapsodia celta do folclore irlandés.
A próxima cita co ciclo de butaca da BMP será o vindeiro xoves 16 de febreiro cun concerto xunto ao coro Luís García Limeses.
Relacionadas:
-
A grandeza dos nenos
Por Diego Torrado |
-
Onion Smile presentará na Sala Karma o seu novo EP "Songs in the Storm"
Por Antía Fernández Buján |
-
Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción |
-
Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |