O mozo pontevedrés Daniel Peón "Targus" presenta un novo poemario, 'Inferno'
Por Redacción
'Inferno' é unha obra conceptual onde cada poema adquire o termo de capítulo. Así se define unha nova obra de Daniel Peón "Targus", un mozo pontevedrés que proxecta neste poemario unha viaxe pola dor, polo desamor, polas baixas paixóns e pola vinganza, levados ao extremo.
A presentación que se desenvolvía na librería Baroja contou coas intervencións de Daniel Peón "Targus", de Enrique Sánchez Sotelo, editor de Discursiva; a columnista, escritora e cineasta Milagros Bará Viñas e o poeta, columnista e novelista Alexander Vórtice.
O libro ilustrado por Sofía Carril Calvo e publicado por Editorial Discursiva pódese adquirir polo prezo de 7 euros. O booktrailer elaborado por Milagros Bará podes velo aquí: https://youtu.be/f1NZTkVEdbs