"Camiños de Ferro", imaxes do ferrocarril en Vialia Estación de Pontevedra
Por Redacción
A Fundación dos Ferrocarrís Españois e Adif expoñen no vestíbulo de Vialia Estación de Pontevedra a mostra fotográfica coas obras premiadas, seleccionadas e preseleccionadas no 28º concurso fotográfico "Camiños de Ferro", que se poderá visitar ata o 25 de xullo.
43 fotógrafos presentan en formato papel a súa visión persoal do mundo do tren, entre eles os fotógrafos afincados en Galicia, Alejandro Caporale, que obtivo o segundo premio, e Simone Mestra, premiado cun accésit.
Tamén se expoñen 136 obras en formato dixital, entre as que se poden ver os traballos de sete fotógrafos de Galicia.
A exposición itinerante forma parte das accións de responsabilidade corporativa de Adif, a través do Programa Estación Aberta.