O Memorial Ricardo Portela alcanza a súa maioría de idade
Por Redacción & Mónica Patxot
As Festas de Verán xa están en marcha. Despois de varios eventos illados, a décimo oitava edición do Memorial Ricardo Portela volveu a servir como punto de partida de dous meses intensos, cheos de actividades na rúa. A Praza da Ferrería é o epicentro desta celebración, que busca reivindicar a música tradicional galega.
A programación deseñada pola Asociación de Gaiteiros Galegos comezou este venres coa apertura da mostra de artesáns de instrumentos tradicionais.
Como non podía ser doutra maneira, a música tivo un protagonismo especial no arranque deste memorial, cos pasarrúas de Gaiteiros das Rías Baixas, Enxebres de Cacheiras, Seitura, Gomes Moura e Berros do Castro.
O concerto de Tiruleque, ás nove da noite, puxo o broche á primeira xornada.
Para ese sábado, xunto coa mostra de artesáns, os pasarrúas estarán a cargo de AC Picuíña, Os Carunchos, Lubicáns, Cantigas e Frores e Contracochenos, de 11:30 a 17:30 horas.
O acto de homenaxe a Ricardo Portela na Ferrería, ás 21:00 horas, coas actuacións de Álvaro Novegil, Ernesto Campos e Marcos Campos; e o concerto de Carapaus, que se celebrará a continuación, completarán este memorial dedicado ao coñecido gaiteiro de Viascón.
Relacionadas:
-
RADIO.- PontevedraViva Radio adica espazo propio á música tradicional e ao folk galego
Por Redacción |
-
Un ciclo de concertos pechará os actos de homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Animatrón enche o parque das Palmeiras de nenos con ganas de festa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Maioría de idade en plena forma para o Memorial Ricardo Portela
Por Redacción |
-
Roi Casal, Mago de Oz, Juan Magán, Morat, Fangoria, Novedades Carminha e Tamara, nas Festas da Peregrina
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada