Treixadura actúa este venres no Parque Eguren de Marín
Por Redacción
Treixadura cumpriu 25 anos en 2015 e está a realizar unha xira previa á publicación do seu próximo disco. Este venres 21, a partir das 22.30 horas, ofrece un concerto no Parque Eguren de Marín coa inclusión dalgunhas pezas inéditas. O evento inclúese na programación das Festas Virxe do Carme de Marín deste verán.
Esta agrupación conta cunha importante traxectoria que se remonta ao ano 1990 e ofrece un espectáculo en directo sorprendente coa combinación de gaita e canto.
Treixadura recuperou durante todos estes anos numerosas melodías rescatadas do anonimato, ás que se suman as creadas pola propia agrupación, que foi galardoada nos primeiros Premios Galegos da Música, entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.