Juan Magán e o seu electrolatino fan vibrar a praza de España
Por Diego Torrado
Cheo total na praza de España no terceiro gran concerto das Festas da Peregrina 2017. Juan Magan e a súa proposta musical de electrolatino conquistaron ao público pontevedrés, que esperaba xa desde horas antes da actuación gardando sitio preto do escenario.
Quen máis esperaron foron os fans adolescentes, que xa desde primeira hora da tarde ocupaban os espazos máis próximos ao escenario, pero o público de Juan Magan incluíu a ponteveredreses de todas as idades, que vibraron durante todo o concerto e entregáronse a el xa en canto saltou ás táboas e mostrou unha bandeira de Pontevedra.
Este artista popularizado por éxitos comoHe llorado como un niño', 'Si no te quisiera', 'Falling in love', 'Mal de amores' ou 'Bailando por ahí' interpretou sobre o escenario as súas cancións máis coñecidas, que repetiron números uns nos últimos anos e reportáronlle ao longo da súa carreira máis de 1 millón de singles vendidos. máis de 300 millóns de reproducións en Youtube e tres millóns de persoas ao mes en Spotify permiten entender a tolemia que se desatou na súa parada pontevedresa da xira 2017.
A programación musical das Festas da Peregrina no escenario da praza de España continuará durante toda a semana:
- Martes 15: Festa dos 40
- Mércores 16: Morat
- Xoves 17: Fangoria
- Venres 18: Pequena Gran Orquestra
- Sábado 19: Novedades Carminha e Familia Caamagno
- Domingo 20: Tamara
Relacionadas:
-
Tamara seduce cos seus boleiros á praza de España
Por Diego Torrado |
-
O ritmo de Galifunk Brass atrapa o público da Praza da Ferrería
Por Diego Torrado |
-
O rock de Mago de Oz e Os Solfabirras sobe os decibeis das Festas da Peregrina
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O son galego e cubano de Roi Casal abre os concertos das Festas da Peregrina
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Roi Casal, Mago de Oz, Juan Magán, Morat, Fangoria, Novedades Carminha e Tamara, nas Festas da Peregrina
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada