25 meses do recital poético da Mesa das Verbas en Vilagarcía de Arousa
Por Aitana Vidal
O 19 de abril vai desenvolverse a edición especial da Mesa das Verbas con motivo do seu vinte e cinco mes consecutivo de realización deste acontecemento cultural. As actividades iniciaranse ás dúas da tarde cunha comida de confraternidade e brinde poético no Club de Mar. Ás 17:30 comezará o acto literario do Centenario do Concello na Biblioteca municipal Rosalía de Castro.
O recital de poesía comezará ás nove da noite no Salón de actos do Liceo Casino de Vilagarcía coa colaboración musical da orquestra de pulso e puga Arousa e do Grupo Chapala. Durante o evento sortearase unha Cesta da Cultura, para a que se puxeron á venda unhas rifas por 2 euros. A cesta está formada por 38 libros de distintos autores e por lenzos do artista arousán Tito Porto. A recadación que se obteña será en beneficio de Cáritas parroquial de Santa Baia de Arealonga da cidade.
Os libros foron doados por escritores particulares ademais de polo Concello e o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.