A BMP invita os pontevedreses a "Unha noite na ópera"
Por Redacción
A Banda de Música de Pontevedra (BMP) presenta o seu próximo concerto "Unha noite na ópera". Será o vindeiro xoves, 28 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal.
Terá entrada gratuíta ata completar o aforamento. Dirixirá á banda o seu mestre titular, Rafael Agulló.
A BMP contará coa colaboración da soprano Noa Outomuro e o barítono Gabriel Alonso.
No concerto, a banda pontevedresa interpretará pezas dos compositores Gioachino Rossini, Gaetano Donizetti, Giacomo Puccini, Vincenzo Bellini, Pietro Mascagni, Giuseppe Verdi e Ruggero Leoncavallo.