Pontevedra descubrirá a orixe de Campanilla nun musical para toda a familia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá o próximo 2 de xaneiro o musical Campanilla. El origen, un espectáculo para toda a familia no que o público se reencontrará con este popular personaxe de Peter Pan. A función será ás 17.30 horas.
Campanilla. El origen é unha produción protagonizada polos personaxes do clásico de James Matthew Barrie, Peter Pan, que desvela historias que nunca contou o autor no conto.
Así, poderemos coñecer a procedencia de Peter Pan e Campanilla, como se coñeceron, que lles ocorreu para que Campanilla manteña unha relación de amor-odio cara Peter Pan ou por que el chámase desa forma.
O resultado é unha produción para toda a familia chea de sensibilidade, na que se reivindica a lectura e que fala da importancia da perseveranza á hora de perseguir un soño, da amizade, do respecto cara aos demais e de compartir
As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.