Os fondos reservados das bibliotecas inspiran 'The private case', a exposición de María Prada na Sala X
Por Redacción
A Sala X da Facultade de Belas Artes acolle 'The private case', a exposición de María Prada, investigadora do grupo dx5.
'The private case' (o armario segredo), é o nome que recibe na British Library ese espazo que destinan a aqueles fondos non accesibles ao público en xeral.
Son espazos que no pasado recollían baixo chave os libros "contrarios á moral ou a ideoloxía dominante" e nos que hoxe permanecen aqueles volumes que, "xeralmente debido a súa delicada condición material", manteñen un acceso reservado, como explica María Prada.
A exposición poderá visitarse ata o 21 de febreiro.
García adiantou por outra banda que a asociación de ex estudantes Rede por Belas Artes traballa na organización neste espazo de almorzos de investigadores que contribúan a facer tamén desta sala un "lugar de encontro".
'The private case' constitúe a segunda exposición, trala protagonizada por Luis Bueno en novembro, que a Sala X dedica á produción artística que os investigadores de Belas Artes desenvolven de xeito paralelo ás súas teses, como explicou a decana, Silvia García, nesta inauguración.