Cubela: "Sáldase unha débeda histórica coa familia Figueroa, que permitíu ir á universidade a centos de veciños"
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, considera que coa homenaxe brindada este venres polo Concello á Fundación Manuel Ventura Figueroa "sáldase unha débeda histórica, xa que os seus fins a prol da inclusión social e da educación permitiron ir á universidade a centos de veciños deste territorio e que moitas xeracións de cotobadeses gozaran da mellor educación posible".
Ademais, o munícipe quixo destacar a longa traxectoria de máis de 230 anos "da fundación máis antiga e importante de España" e tamén as orixes nestas terras de Ventura Figueroa, xa que o seu pai, Manuel Cabanelas, e o seu avó, Pedro Cabanelas, eran de Tenorio, e a súa avoa, María Cerviño, de Viascón.
"Como veciños da conca do Lérez e herdeiros desa estirpe, en Cerdedo-Cotobade sentímonos orgullosos do gran Ventura Figueroa e da súa familia e de que, un dos nosos, cambiara a historia para sempre", manifestou.
A homenaxe, organizada polo Concello para recoñecer o traballo social e educativo, a traxectoria da entidade e os alicerces do eclesiástico e político neste municipio, arrancou coa intervención da directora xeral de Relacións Institucionais, Blanca García-Señoráns, que louvou o traballo da familia e da fundación e destacou a mellora no funcionamento que experimentou a entidade desde que comezou a ser tutelada pola Xunta en 1995 baixo a presidencia do conselleiro de Cultura.
Asimesmo, garantiu que o goberno galego continuará nos vindeiros anos con estas accións de apoio xa que favorecen e impulsan o desenvolvemento da sociedade.
A continuación, intervíu Pablo Figueroa, en representación da fundación, e amosou o seu agradecemento pola homenaxe brindada desde o Concello antes de recoller, xunto a Adela Rey, unha placa conmemorativa do acto desta tarde, que contou con moito público, xa que tanto veciños, como figueroístas e representantes da vida social, política e cultural galega, entre eles a subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, ou o ex conselleiro de Presidencia, Dositeo Rodríguez, ateigaron o consistorio de Carballedo.
Finalmente, a xornada pechouse cunha actuación musical a cargo do coro do Colexio de Avogados de Pontevedra e cun viño galego que todos os asistentes compartiron no restaurante A Raxadal da localidade.
Relacionadas:
-
Seguindo os pasos de Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde
Por Redacción |
-
Os 'Figueroistas' volven elixir Pontevedra para a súa xuntanza anual
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Colexio de Avogados organiza unhas Xornadas de Dereito Mercantil
Por Redacción |
-
A nova xunta do Colexio de Avogados toma posesión e catorce novos letrados reciben a súa toga
Por Oskar Viéitez |
-
O consistorio de Carballedo acolle este venres unha homenaxe á Fundación Ventura Figueroa
Por Redacción |
-
Quen son os Figueroístas?
Por Redacción |