Un musical e un obradoiro para lembrar a Rosalía de Castro e a "lingua nai"
Por Redacción
O próximo día 23 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Instituto Illa de Tambo, terá lugar o musical "Rosalía, unha vida", baixo a dirección escénica de José M. Tizón e a dirección musical de Anicia Núñez.
Un total de 15 fragmentos poéticos serán interpretados pola actriz e solista María Torres acompañada pola pianista Anicia Núñez e a violinista Ioara Pérez.
O día seguinte, o domingo 24, de 11 a 13 horas, na Alameda de Marín, haberá unha actividad familiar e gratuita para conmemorar o Día Internacional da Lingua Nai, "Imaxes para unha fala", en colaboración coa asociación cultural Taller Abierto, invitan a todos os nenos e familiares a obradoiro de ilustración que busca coñecer, compartir e valorar palabras galegas combinando a linguaxe gráfica coa escrita.
Tamén propónse a creación dun "Diccionario visual de palabras galegas: imaxes para unha fala" a partir dos materiais resultantes do obradoiro, por isto os traballos feitos no taller quedarán a disposición de Taller Abierto para a súa posterior edición.
Esta actividade terá lugar na Alameda de Marín, en caso de chuvia desenrolarase no Museo Manuel Torres.