Os italianos Brigan finalizan a súa xira por España este domingo en Bueu
Brigan dará por finalizada a xira de presentación do seu novo disco 'Rúa San Giacomo' no bar Aturuxo de Bueu o domingo 25 de febreiro ás 21:00 horas, cun custo de 5 euros, tras os concertos en Coruña, Lugo, Vilar de Santos, Begonte e Santiago. Este terceiro álbum está composto por catorce pezas que recollen as historias que viviron peregrinos do Camiño de Santiago ao longo dos séculos. Conforman unha compilación que reúne músicas do sur de Italia e do Noroeste ibérico (Galicia, Asturias e o norte de Portugal).
Músicos galegos como Harry.C (grupo folk Milladoiro), Xurxo Fernandes (Radio Cos), Pablo Carpintero, Davide Salvado, Xulio Lorenzo e Pandeireteiras sen Fronteiras forman parte deste traballo que rende homenaxe ao Camiño de Santiago.
Tras anos de investigación dos repertorios tradicionais celtas, gravaron 'Rúa San Giacomo' entre Vigo, Santiago de Compostela e San' t Arpino, municipio italiano próximo a Nápoles. Muñeiras, alalás, villanellas, xotas, tarantellas e cantos de traballo fusiónanse nunha nova linguaxe musical, o leguaje de Brigan.