Alumnos do Conservatorio de Vilagarcía interpretan clásicos para estudantes de secundaria
Por Aitana Vidal & Anxo Lourido
Os alumnos do Conservatorio Profesional de Música ofreceron un concerto didáctico no Auditorio aurousá destinado aos alumnos dos centros de secundaria e bacharelato do concello de Vilagarcía. Desta forma, o centro busca ofrecer os mozos que, en moitos casos, tamén son estudantes do propio conservatorio que interveñen nesta actividade.
No concerto realizouse un percorrido sobre os diferentes períodos da historia da música partindo do barroco para pasar ao clasicismo, romanticismo ata chegar ás partituras do século XX.
Trátase de obras interpretadas con diferentes instrumentos: corda, vento madeira, vento metal, percusión, piano, guitarra e gaita. Ofrécense as especialidades e familias instrumentais que se imparten no centro. Simultaneamente á interpretación proxectáronse diferentes presentacións nunha pantalla na que recolleron datos sobre os diferentes períodos intercalados con imaxes de distintas manifestacións culturais deste períodos: escultura, pintura e arquitectura.
Asistiron no concerto alumnos dos IES Castro Alobre, González Estévez e Armando Cotarelo Valedor. O director deste centro José Castro Lozano ofrecía diversas explicacións sobre as obras que abranguían partituras, entre outros autores, de Bach, Telemann, Vivaldi, Mozart, Haydn, Beethoven, Chopin, Brahms, Serocki e Woud.