Nenos creativos e literarios na Biblioteca de Vilagarcía
Por Aitana Vidal
A Biblioteca Pública de Vilagarcía acolleu actividades con motivo do Día Internacional do Libro como unha sesión de cuentacuentos e un obradoiro de confección de marca páxinas.
Na sesión de Contacontos de libros co tentos, a narradora Carmen Domech ofreceu unha sesión de cincuenta minutos para nenos de máis de 4 anos que atenderon entretidos á historia dunha nena que comproba como os libros da súa casa se volven tolos. A sesión contaba cun compoñente de integración social xa que asistiron alumnos dun colexio do municipio e outros dun centro do centro Bata-Os Mecos de nenos autistas.
Xa pola tarde, as actividades centráronse nun obradoiro de confección de marca páxinas. Ademais, a Biblioteca ofreceu un lote de libros que entregou aos primeiros nenos que asistiron ás instalacións culturais.