As verbas de María Victoria Moreno volverán resoar no seu instituto
Desde que María Victoria Moreno foi seleccionada pola Real Academia Galega (RAG) como figura homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, o IES Torrente Ballester puxo en marcha un completo programa de actividades dirixidas a enxalzar a figura da que foi profesora do centro, entre os anos 1993 e 2002.
Este mércores presentábase un dos eventos clave do programa na biblioteca do Torrente Ballester, que leva o nome da escritora estremeña. O director, David Castro, deu as claves do acto académico de homenaxe que se celebrará o 4 de abril. La presentación fue realizada baixo o mural elaborado na honra da homenaxeada por un grupo de estudantes de 4º ESO, que lle valeu ao centro o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2018.
Trátase dun evento que terá lugar no salón de actos do instituto ás 17.00 horas, e que contará coa presenza de personaxes ilustres como o ensaísta e poeta Xesús Alonso Montero, que será o encargado da conferencia inaugural, tras a intervención das autoridades asistentes. A continuación proxectarase un vídeo-homenaxe gravado no centro e producido por un ex alumno de María Victoria Moreno, Gaspar Broullón.
Tamén se levará a cabo unha "mesa redonda" na que participarán, ademais de Xesús Alonso Montero, a escritora Fina Casalderrey, o tradutor Xavier Senín e o presidente da RAG, Víctor Freixanes. O acto clausurarase coa proxección dun conto inédito da autora homenaxeada.
CONTO INÉDITO
O conto recóllese dun manuscrito orixinal, ilustrado e editado desde o centro no que impartiu clase e que a lembra con gran agarimo e admiración. O volumen será presentado posteriormente no Salón do Libro e non estará á venda, aínda que cada centro educativo de Pontevedra recibirá un exemplar.
Á presentación do acto este mércores acudiu o concelleiro de Promoción Lingüística, Alberto Oubiña, que se mostrou "encantado" de colaborar con este tipo de actividades desenvolvidas nos distintos centros educativos do Concello. Unha iniciativa coa que, como sinalou o concelleiro, promóvese a lingua galega e a figura de María Victoria Moreno, unha "galega por amor" para a que se está desenvolvendo unha programación "moi xeitosa" desde o IES Torrente Ballester.
Relacionadas:
-
Doce cartas "lobunas" a María Victoria Moreno
-
Un ano dedicado á figura de María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester
-
As rúas de Pontevedra lembran a María Victoria Moreno
Por David Arana & Gabriela Varela Asorey |
-
A biblioteca súmase ao Día do Libro Infantil e Xuvenil coa lectura do manifesto internacional
Por Redacción |
-
Contacontos ilustrado de 'A brétema' e 'O cataventos', de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
A Deputación destina axudas para entidades sen ánimo de lucro que dinamicen a lingua galega
Por Redacción |
-
O IES Torrente Ballester gaña o concurso-exposición Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno
Por Redacción |