O IES de Vilalonga homenaxea a María Victoria Moreno cunha obra teatral
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O IES de Vilalonga acolleu este venres unha función da obra "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" coa que Matrioshka Teatro bota a andar a súa homenaxe a María Victoria Moreno autora a quen se lle dedicará este ano o Día das Letras Galegas e que foi escritora neste instituto.
A actividade percorrerá 10 concellos da rede no marco do programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2018.
A función está dirixida a público xeral a partir dos 14 anos e centrada en difundir a vida, obra e pensamento de María Victoria Moreno.
A obra vai seguida dun coloquio no que se convida a participar ao público asistente, co que se promoven asemade o diálogo en galego e un coñecemento máis profundo da escritora.