'Xa non teño medo', un videoclip de homenaxe a María Victoria Moreno do CEIP Carballal
Por Redacción
Toda a comunidade educativa do CEIP Carballal de Marín implicouse nun proxecto moi especial para conmemorar as Letras Galegas e á autora homenaxeada deste ano, a escritora e profesora María Victoria Moreno, pontevedresa de corazón e adopción.
Segundo explica o centro, un total de 342 persoas implicáronse na creación dun videoclip que emprega unha letra de María Victoria Moreno e música propia e que chegou a bo porto a pesares de que durante o tempo en que o realizaron tiveron en contra as condicións meteorolóxicas e padeceron unha epidemia de varicela.
Este videoclip, que leva por título 'Xa non teño medo', é tan só unha das actividades deste centro educativo para conmemorar esta data tan sinalada e inclúe ao 99% do alumnado e moita representación da comunidade educativa do cole.
O centro agradece a colaboración de EntreSignos e da asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) Viñas Blancas.
Relacionadas:
-
A obra de María Victoria Moreno saltará "a escena" en toda a provincia
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
O IES de Vilalonga homenaxea a María Victoria Moreno cunha obra teatral
Por Oskar Viéitez |
-
As librerías pontevedresas sopesan crear unha agrupación independente da Federación Galega
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
María Victoria Moreno será a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018
Por Oskar Viéitez |
-
O Día das Galegas nas Letras homenaxea á escritora María Victoria Moreno
Por Redacción |