Electra, unha desternillante traxedia grega que chega o domingo ao Pazo da Cultura
Por Redacción
A compañía portuguesa do Chapitô trae a Pontevedra o espectáculo teatral Electra, unha aproximación cómica a esta traxedia clásica grega. O público pontevedrés poderá gozar dela o vindeiro domingo 13 de maio, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura.
Electra, unha montaxe que vén acompañada de grandes críticas, será representada por un elenco formado por Nadia Santos, Jorge Cruz e Tiago Viegas.
A historia parte da guerra que se inicia na Atenas do rei Agamenón para liberar a Helena das garras do seu secuestrador. Ao non ter vento favorable para os seus barcos, o monarca sacrifica á súa filla Ifixenia por indicación dos profetas.
Isto provoca que Clitemnestra, a súa muller, trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Tras dez anos de guerra, Agamenón é asasinado e a súa Electra víngase asasinando os amantes. E todo este baño de sangue, con moitas culleres por medio, prodúcese en clave dunha comedia desternillante.
As entradas para este espectáculo están á venda, a través de Ticketea.com ou no despacho de billetes físico da Casa da Luz, a un prezo de 20 euros.
O domingo poderanse conseguir tamén no despacho de billetes do Pazo da Cultura, que abrirá dúas horas antes do inicio da obra.