Medio cento de actividades para unha ambiciosa edición do FICBUEU
Por Redacción
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) presentou este martes a súa undécima edición, que se disputará entre o 7 e o 15 de setembro e que aspira a colgar o cartel de 'non hai billetes' nas súas diferentes actividades para chegar a preto de 15.000 persoas.
Así o explicou o director do festival, Manuel Pena, xunto ao alcalde de Bueu, Félix Juncal; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
O ambicioso programa de actividades do FICBUEU conta con tres bloques: sesións de curtametraxes, actividades paralelas de carácter cinematográfico e propostas de lecer vinculadas a outras disciplinas artísticas
Entre as primeiras sitúase a proxección de 80 curtas estruturadas en diferentes seccións: Internacional, Galicia, España, Escolas e Panorama, esta última coas mellores obras que non entraron a concurso.
As actividades cinematográficas inclúen coloquios cos e as cineastas invitados, conferencias, clases maxistrais ou programas de radio como 'Carne Cruda' ou o show 'De Galicia a Hollywood' con Rodrigo Cortés, Juan Gómez-Jurado e Arturo González Campos. Tamén destacan a presenza de Mabel Rivera ou de artistas como Luís Davila e Marc Taeguer.
Pola súa banda as actividades culturais que complementan as citas cinematográficas contan cunha oferta musical que inclúe os concertos de Xoel López e De Vacas, ademais de propostas para nenas e nenos.
O programa detallado do 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu está dispoñible na web www.ficbueu.com, onde tamén se poden adquirir as entradas para as actividades que non contan con acceso gratuíto.
Relacionadas:
-
O FICBUEU acada as 3.000 persoas durante a súa primeira fin de semana
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Comezan os 'días curtos' co FIC Bueu 2018
Por Marisa Ciordia |
-
Bueu vai de tapas para acompañar o festival de curtas
Por Redacción |
-
Catro críticos de cinema debaterán sobre o oficio no FICBUEU
Por Redacción |
-
Mabel Rivera, Rodrigo Cortés e Juho Kousmanen, premios de honra no FICBUEU 2018
Por Redacción |
-
Xoel López e De Vacas, atractivo musical para o FICBUEU
Por Redacción |