O Son do Camiño fai parada en Pontevedra co cantautor sueco José González
Por Mónica Patxot
O auditorio da sede de Afundación en Pontevedra acolleu este venres o concerto do cantautor e guitarrista José González.
O concerto deste artista sueco de pais arxentinos está incluído no ciclo O Son do Camiño.
José González está considerado pola crítica como unha das grandes figuras do folk internacional.
Premio Impala ao álbum do ano en 2015, chegaba a Pontevedra en solitario presentando "Vestiges and Claws", unha colección de temas existenciais que acumulan millóns de reproducións en YouTube e Spotify.
A programación da primeira edición do festival O Son do Camiño, antesala do Xacobeo 2021, complétase con seis concertos durante este outono.