O Coro do Campus mantén abertas as portas a novas voces ata finais de febreiro
Por Redacción
O Coro do Campus de Pontevedra busca novas incorporacións e abre as portas tanto a persoas que forman parte da comunidade universitaria como persoas externas. Para ingresar non é necesario contar con coñecementos musicais, sinala o profesor Marco Lucato, director da formación.
Para apuntarse só é necesario asistir a un dos ensaios da formación musical, que se celebran cada luns de 18.00 a 20.00 horas e cada mércores entre as 17.00 e as 19.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus.
O prazo para se inscribir, segundo recolle o DUVI, está aberto ata finais de febreiro. Actualmente, o Coro do Campus conta con 18 integrantes e o director sinala que se renova practicamente todos os anos. Esta iniciativa, segundo o director, permite iniciarse no manexo do instrumento da voz e a saber realizar un traballo grupal.