O pianista Josep Colom presenta disco cun concerto gratuíto no Principal
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este sábado 26 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, un concerto co que o pianista Josep Colom presenta o seu novo disco, The late piano. Sonatas & Bagatelles.
A entrada ao concerto é libre ata completar aforamento.
O coñecido pianista elixiu Pontevedra para a estrea mundial deste traballo discográfico, que será presentado fisicamente o 13 de febreiro no Palau da Música de Barcelona.
O repertorio do concerto, que está baseado na obra de Beethoven, está formado polas tres últimas sonatas do compositor alemán, precedidas polo que el chamou bagatelas, que serven de preludio ás mesmas.