Alumnado de Belas Artes articula nunha exposición unha crítica ao sistema educativo
Por Redacción
Nove estudantes do máster en Arte Contemporánea articularon nunha exposición unha crítica aos recortes no eido educativo, casos como o do máster da ex presidenta de Madrid Cristina Cifuentes ou sobre o propio sistema universitario.
A mostra pode contemplarse na planta baixa da Casa das Campás.
"Queríamos que a exposición fose nun espazo que tivera que ver coa universidade, facer, dentro do sistema educativo, unha crítica ao propio sistema educativo", salienta Alicia Martínez Baz, unha das impulsoras desta mostra colectiva xunto a Chiño Eirín, Loreto Arnaz, Ana Costas, María Pose, Mario Mandez, Diego del Río, Alexandra Rey e Berta Pan.
Esta iniciativa naceu como un traballo para a materia Proxectos expositivos, que imparte neste posgrao da Facultade de Belas Artes o profesor Xosé Manuel Buxán.