Anaut, Sex Museum, Tony Lomba e Familia Caamagno animarán o Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño
En apenas un mes, a música regresará á Illa das Esculturas. O Surfing the Lérez ultima a programación para unha edición que, á vista dos primeiros nomes confirmados, promete ser verdadeiramente inesquecible.
Segundo puido saber PontevedraViva, as bandas madrileñas Anaut e os veteranos Sex Museum e a galegos Familia Caamagno e Tony Lomba, que virá acompañado de Eladio Santos, serán catro das principais actuacións do festival.
En total, serán máis dunha vintena de artistas os que formarán parte dun Surfing the Lérez que volverá repartirse en dous días, o venres 21 -de 16.00 a 00.00 horas- e o sábado 22 de xuño -de 12.00 a 00.00 horas-.
Haberá tres escenarios de concertos, un mercadiño para creadores emerxentes e dúas zonas para propostas gastronómicas, entre outras actividades complementarias.
O cartel completo do Surfing the Lérez, que nesta ocasión ilustra un elefante con inspiracións indias ilustrado por Santiago Paredes, presentarase este xoves no Concello.