Os Trazantes de Tenorio, 35 anos entre ilustracións e actuacións
Por Redacción
A conmemoración dos 35 anos de Os Trazantes de Tenorio celebrarase por todo o alto este sábado coincidindo coa X Mostra da agrupación, pero, para ir quentando motores, este xoves os integrantes do colectivo xa o festexaron co ilustrador Víctor Rivas.
Segundo informou a agrupación cultural, Víctor Rivas entregoulles un debuxo adicado con moito cariño á asociación coincidindo coa celebración da X Mostra e do XXXV aniversario.
Como valoración, Os Trazantes indican que "os trazos do debuxo que con tanto cariño nos entregou nos encheron de ledicia e de grande agarimo ao recibilo, moitísimas grazas Víctor Rivas, un agasallo moi especial para nós".
De cara a este sábado 20 de xullo, a celebración será no Adro da Festa de Tenorio a partir das 19.30 horas. Actuarán grupos de prestixio no mundo da música tradicional como Xacarandaina, As Cantigas de Elena, Son das Tabernas, Sfus Ceifeiras e Campinos e Seixos Albos.