O escritor pontevedrés David Pintos presenta 'Polo Sur', a súa nova novela
Por Redacción
O autor pontevedrés David Pintos publicou a súa nova novela, que leva por título 'Polo sur'. Trátase dun traballo que pecha un ciclo de tres obras conectadas entre elas.
O escritor, que reside en Madrid desde 2009, visitaba a cidade do Lérez este luns para presentar na librería Escolma esta novela de intriga que ofrece un relato de espías, corporacións, sociedades secretas internacionais e operacións ciberactivas.
A historia segue a actividade dun axente especial do FBI e dun xornalista. Ambos investigan os asasinatos de varios hackers a través de distintos escenarios en Estados Unidos e en Europa, ata que en París desenvólvese a trama principal.
'Polo sur' é unha historia paralela a 'Polo norte' e 'Nos vemos en el paraíso', polo que calquera lector pode penetrar na aventura sen ler as dúas historias anteriores.
A novela foi presentada xa na localidade alemá de Dörscheid, no Festival NOTP en Loreley e Pontevedra é a súa segunda parada dentro da xira de presentacións.
Relacionadas:
-
David Pintos presenta a súa última novela 'Mago negro' na Festa dos Libros de Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio súmase a Fila9 Podcast no arranque da súa cuarta tempada
Por Redacción |
-
RADIO.- Ponte en el mapa: David Pintos, un pontevedrés na literatura e no podcast
Por Marisa Ciordia |
-
"Taimat - Lucha": A segunda novela do pontevedrés David Pintos
Por Redacción |