O FICBUEU saltará ás ondas, por terceiro ano consecutivo, co programa Carne cruda
Por Redacción
O FICBUEU será más radiofónico que nunca. Ata catro programas de ámbito estatal e galego gravaranse ao vivo durante o festival. Un deles será Carne cruda, o espazo que dirixe Javier Gallego e que redifunde PontevedraViva Radio.
Carne cruda regresará a Bueu por terceiro ano consecutivo, desta volta cun programa dedicado integramente ao cinema polo que pasarán convidados como o realizador Paco Plaza e a actriz María Vázquez, que presentarán a súa última película, Quien a hierro mata.
Javier Gallego entrevistará ademais ao recente gañador do Goya ao mellor actor de reparto, Luis Zahera, que vai recibir ademais o Premio Cinema Galego FICBUEU 2019. A banda feminina Agoraphobia e Caspervek Trio encargaranse do apartado musical.
Carne cruda gravarase o domingo 8 de setembro ás 17.30 horas no Centro Social do Mar e para asistir a el haberá que mercar unha entrada, que ten un custo de 5 euros, aínda que os oíntes produtores do programa accederán de balde.
Tamén emitirá desde o FICBUEU El séptimo vicio, o programa de Radio 3 dedicado ao cinema de autor dirixido por Javier Tolentino. O reputado crítico conducirá dous especiais, con diversas entrevistas, marcados pola súa habitual paixón e compromiso, que o converten nun firme defensor das curtas e das vangardas cinematográficas.
A Radio Galega non faltará a través do seu programa especializado Sala 5, que dirixe e presenta Begoña Vázquez e que se centrará nos seis directores e directoras da Sección Galicia. Ademais, a oferta radiofónica do festival complétase con El cine de loqueyotediga, que iniciara a súa andaina hai agora trinta anos na radio convencional.
Ademais, cada día a través das redes sociais haberá unha análise das curtas da xornada anterior da man de Esta peli ya la he visto.
Relacionadas:
-
Récord na duodécima edición do FICBUEU con 128 filmes e 65 actividades programadas
Por Almu Dapena |
-
O paso da curta á longa, a dirección de arte e a produción centran as charlas do FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
O Mini-FIC, unha completa axenda de actividades para a rapazada para pechar o FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
Saen á venda as entradas e abonos para as seccións competitivas e a gala do FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
Luis Zahera recibirá o Premio Cinema Galego no FICBUEU
Por Redacción |
-
Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían os filmes do FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBUEU ofrecerá este ano a súa programación cinematográfica máis ampla e variada
Por Redacción |