Poucas cousas tan 'míticas' como Xogo de Tronos ao son dunha gaita
Por Redacción & Diego Torrado
A banda sonora de películas como Forrest Gump ou O Padriño; o opening de Xogo de Tronos; míticas cancións de grupos de rock como AC/ DC; ou mesmo un tango. Foron algúns dos temas que este xoves sorprenderon ao público da praza de España. O prato forte da xornada nas Festas da Peregrina era Mític e as miles de persoas que acudiron á cita foron de sorpresa en sorpresa, admiradas de que o son das gaitas puidese dar tanto xogo.
"El espectáculo de Mitic es como una caja de bombones, nunca sabes lo que te va a tocar", dixeron os irmáns Álvaro e Suso Costas sobre o escenario, parafraseando a famosa frase de Tom Hanks en Forrest Gump. E o aviso cumpriuse, pois o repertorio, como é habitual nos concertos da banda, foi tan variado como sorprendente.
O momento álxido viviuse cando os irmáns costa e a súa banda instrumental interpretou a famosa canción de apertura de cada episodio da serie Xogo de Tronos e, como para complementar a grandeza do momento, empezou a tirada de fogos artificiais de San Roque. Esta versión da canción da serie máis afamada do momento interpretada por un grupo de gaitas foi, con diferenza, o momento máis aplaudido do concerto, que encheu a rebordar a praza de España, como ocorreu ata agora con todas as actuacións destas festas.
A programación musical das Festas da Peregrina continúa este venres 16 de agosto co concerto de Iván Ferreiro na praza de España e Xosé Lois Romero & Aliboria no escenario da Ferrería, ás 22.30 e as 21.30 horas, respectivamente.
O sábado 17, no escenario da Ferrería soará A Banda Xagai e na praza de España, Beret.
Lola Índigo, artista xurdida de OT 2017, pechará o domingo 18 na praza de España.
Relacionadas:
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Fredi Leis encandila ao público na Ferrería
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
O concerto de Rozalén, máis inclusivo que nunca: "Todo lo que sea derribar barreras me parece de maravilla"
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
A voz de Ana Belén dálle 'Vida' á praza de España
Por Redacción & Diego Torrado |
-
As 'Peregrinas' completan cartel con Ana Belén, Lola Índigo, Tequila ou Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño |