As 'Peregrinas' completan cartel con Ana Belén, Lola Índigo, Tequila ou Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño
Un programa elaborado "con moito cariño", buscando que haxa moita variedade musical e que haxa concertos "a gusto de todos". Así será, segundo a edil de Festas, Carme da Silva, a aposta de Pontevedra para a súa semana grande, as Festas da Peregrina.
Tres dos seus grandes atractivos xa foran adiantados por PontevedraViva, os concertos de Rozalén (13 de agosto), Iván Ferreiro (16 de agosto) e Beret (17 de agosto), e agora desveláronse o resto de bandas e artistas que amenizarán as festas pontevedresas nos seus dous escenarios, A Ferrería e a Praza de España.
As festas subirán o pano, o sábado 10 de agosto, co concerto da mítica banda de rock Tequila, formada por Ariel Rot e Alejo Stivel, que inclúen así a Pontevedra na súa xira de despedida. Estarán acompañados sobre o escenario por un grupo da cidade, Fondo Norte.
Ana Belén, unha das grandes voces da música española, protagonizará o concerto estrela do domingo 11 de agosto. Presentará en directo os temas do seu álbum Vida, o seu primeiro disco con temas inéditos en once anos.
A música electrónica pedirá paso o luns 12 de agosto co concerto Máxima In Sessions, que contará con José Manuel Duro, Ramsés López, Arturo Grao e Pablo Méndez Perfomances.
O martes 13 de agosto, xunto con Rozalén que actuará na Praza de España, estrearase o escenario da Ferrería con Broken Peach, unha banda viguesa de rock e soul que ofrecerán un concerto que, a recado, fará as delicias do público.
Como é habitual, a programación infantil pide paso uno dos días das festas. Será o mércores 14, día da batalla de flores, onde a aposta principal será Shrek, o musical. Trátase dun espectáculo, segundo Da Silva, adaptado para Pontevedra e que, en galego, adapta esta coñecida historia a situacións propias de Galicia.
Na Ferrería, mentres tanto, o público poderá gozar da música do galego Fredi Leis.
Sesión dobre fará tamén o xoves 15, festividade de Santa María, que ofrecerá un concerto da banda pontevedresa Furious Monkey House e un espectáculo que, destacou a edil de Festas, é dos que o público non se pode perder. Cincuenta músicos galegos, baixo o nome de Mitic, uniranse para reinterpretar música clásica con instrumentación tradicional.
Aos concertos xa coñecidos de Iván Ferreiro (16 de agosto) e Beret (17 de agosto), uniranse na Ferrería as actuacións de Xosé Lois Romero & Aliboria e a Banda Xagai, respectivamente.
A traca final das Festas da Peregrina será Lola Índigo. A artista, xurdida de OT 2017, actuará en Pontevedra o domingo 18. Farao, acompañada do seu inseparable corpo de baile, para presentar o seu primeiro disco, Akelarre. Será o seu primeiro concerto en Galicia.
Carme da Silva sinalou que " é difícil contentar a todo o mundo" coa programación das festas, pero confía en que haxa actividades para todos os públicos.
Relacionadas:
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Poucas cousas tan 'míticas' como Xogo de Tronos ao son dunha gaita
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A fusión de rock, soul e espectáculo de Broken Peach conquista A Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A voz de Ana Belén dálle 'Vida' á praza de España
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Tequila para abrir a programación musical das Festas da Peregrina
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Manuel Jabois, o pregoeiro que conseguiu "facer de Pontevedra a medida de todas as cousas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A playlist de... Fondo Norte: Listos para unha velada na que non lles faltará Tequila
Por Marisa Ciordia |
-
Jabois promete humor e sátira no seu pregón das festas
Por Manu Otero |
-
O Serán de Tralla será a primeira cita das bandas locais coas Festas de Verán
Por Oskar Viéitez |
-
Judith Hill, José James, Joey De Francesco e Gabriel Peso, estrelas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño |
-
Manuel Jabois será o pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Rozalén, Beret e Iván Ferreiro actuarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |