Luís Lores, vocalista; Marcos Seamus, baixo; Iñigo Montojo, guitarra rítmica; Edu Aguirre, batería; Antón Rey, gaita e José Sánchez, guitarra solista conforman Fondo Norte. Esta banda local, formada en 2014, resultou elixida polo Local de Ensaio para compartir concerto cuns míticos a música española: Tequila. O grupo de Ariel Rot e Alejo Stivel volveron ás xiras este ano tras vinte e cinco anos de parón como Tequila.
Na Playlist cada un dos integrantes de Fondo Norte cóntannos como conflúen e están vinculadas as súas traxectorias á música e ao grupo. Todos se coñeceron na etapa de instituto, o Sánchez Cantón. Uns con tradición musical en su familia, outros non. Uns con formación nese senso, outros non; e actualmente cunhas ou outras perspectivas de futuro, pero todos co nexo de unión de Fondo Norte.
Foi durante unha quedada - en Feira Franca de 2014 - no Recinto Feiral cando xurdiu e deron o ok a montar unha banda de música. Pasarían tres anos máis para chegar ao momento gravación.e foi 'Ruína'. Aceleraron ritmo "e distorsión" e chegou 'Todo mal' en 2019. Aínda así din que queren "tomar unha nova liña" e que o concerto deste sábado 10 de agosto "vai ser a refundación do grupo".
Son seis, pero chegaron a PontevedraViva Radio, sete. Sete se se conta a botella de tequila que din sempre lles acompaña nos concertos.