'Viaggio in Italia' de Roberto Rossellini, este martes no Cineclube
Por Enrique Morales
Pouco terán que agardar os amantes do cine da capital para volver a ver as luces do teatro apagarse antes dunha proxección, xa que un día despois de rematar a súa programación do mes pasado o Cineclube de Pontevedra dá comezo á oferta de outubro.
Neste caso será ‘Viaggio in Italia’ do director Roberto Rossellini a cinta que se proxectará ás 20.30 horas no Teatro Principal. Como acostuma, a proxección farase en versión orixinal con subtítulos e o prezo da entrada será de 2 euros.
Neste filme de 1954 explórase a historia dun matrimonio cuxa visita a Nápoles desata unha mobilización de sentimentos que remata por estoupar nunha crise de parella. A cinta conta cos actores gañadores do oscar Ingrid Bergman e George Sanders á fronte do reparto e valeulle por parte da prestixiosa revista Cahiers du Cinéma do apelativo da ‘primeira película moderna’.
Primeiro asalto da sólida oferta cinematográfica que temos en outubro na cidade de Pontevedra.
Ficha:
Dir. Roberto Rossellini
Ano: 1954
País: Italia
Duración: 85 min.
Versión Orixinal: Italiano