Os 'Docs do mes' volven a Pontevedra este luns con 'Push'
Por Enrique Morales
Sumando á sólida oferta de cine na capital, o ciclo Docs do mes volve este luns coa proxección do documental 'Push', do director sueco Frederik Gretten.
Este ciclo organizado polo festival de cine DocsBarcelona ofrece mensualmente a proxección dun documental con entrada de balde e en versión orixinal con subtítulos en castelán. A cita será este luns 21 de outubro ás 20.30 no Teatro Principal.
O xornalista e director da cinta Frederik Gretten xunto coa relatora de vivenda para a ONU Leliani Farha realizan unha viaxe a través de diferentes paises e os seus entornos urbáns para investigar como o aumento do prezo da vivenda mudou as dinámicas sociais.
O dereito á vivenda enfrontado á ética capitalista e os diferentes aspectos dun conflito tan complexo nunha pieza cunha alta conciencia social. O propio financiamento para botar a rodar deste proxecto fíxose a través da prataforma online Kickstarter.
Ficha
Título: Push
Director: Frederik Gretten
Ano: 2019
País: Canadá, Suecia
Duración: 92 min.
Versión orixinal: Inglés