El Gran Wyoming regresa a Pontevedra para actuar con Los Insolventes na Sala Karma
Por Alejandro Espiño
Cinco anos despois, El Gran Wyoming regresa a Pontevedra. Non será pola súa faceta televisiva, senón pola súa carreira musical. O popular presentador de El Intermedio actuará o próximo 18 de xaneiro, ás dez da noite, na Sala Karma.
Farao acompañado dos Insolventes, o grupo que lle acompaña nesta aventura musical.
El Gran Wyoming e Los Insolventes -Miguel Ángel Ariza, José Alberto Solís e Luís de Diego- uníronse en 2009 para dar renda solta sobre os escenarios ás influencias musicais comúns dos membros do grupo, versionando en clave de rock aos seus artistas favoritos.
O obxectivo da banda nos seus concertos é transmitir ao público as boas vibracións que teñen eles no escenario.
A boa música, unida ao xenio dun mestre de cerimonias como El Gran Wyoming, asegura que o seu concerto en Pontevedra será unha auténtica festa de rock and roll.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 15 euros, xa están á venda.