Un ciclo analizará no Principal como o cine reflicte a saúde mental
Por Redacción
Catro películas que mostran os mecanismos que o cine emprega para reflectir o espectro emocional e psíquico do ser humano. Son as que integran a programación do ciclo O oficio de vivir, un programa de cine e saúde mental que impulsa o colectivo Taller Abierto en colaboración co departamento municipal de Benestar Social.
As películas seleccionadas para este ciclo de cine son A habitación do fillo de Nanni Moretti (30 de xaneiro), Diario íntimo de Adèle H de François Truffaut (6 de febreiro), Cisne negro de Darren Aronofsky (13 de febreiro) e El de Luis Buñuel (20 de febreiro).
Todas as proxeccións serán no Teatro Principal a partir das sete da tarde.
Cada sesión incluirá unha presentación do filme a cargo do experto Suso Novás, a proxección da película e a intervención de Víctor Pedreira, especialista en Psiquiatría, que dará paso coas súas reflexións á apertura dunha quenda de preguntas e dun coloquio.
Relacionadas:
-
"Oficio de vivir", o ciclo de cine e saúde mental, volve a Pontevedra coa proxección de catro películas
-
'Cisne Negro' de Darren Aronofsky, terceira sesión do ciclo 'O Oficio de Vivir'
Por Enrique Morales |
-
'Diaro íntimo de Adele H.', un relato de obsesión para o ciclo 'O Oficio de Vivir'
Por Enrique Morales |
-
O ciclo sobre cine e saúde mental 'O oficio de vivir' arranca este xoves con 'A habitación do fillo'
Por Enrique Morales |