Imanol Arias e a súa versión de "El coronel no tiene quién le escriba" chega a Pontevedra o 6 de marzo
A Tempada de Teatro de Afundación presenta, este venres 6 de marzo ás 20:30 horas no auditorio de Pontevedra, El coronel no tiene quien le escriba. A obra escrita por Gabriel García Márquez estará protagonizada por Inmanol Arias e Cristina de Inza e dirixida por Carlos Saura.
A obra conta a historia dun vello coronel e a súa muller que viven na miseria, esperando unha carta que nunca chega, onde o goberno lle comuníque a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra.
A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos e a fatalidade e estupidez da guerra mestúranse coa soidade do vello coronel, vencido pola vida pero ao que aínda lle quedan dous tesouros: o amor da súa muller e a dignidade.
As persoas que queiran asistir e non posúan o bono de tempada poderán adquirir as entradas a través da web Ataquilla.com polo prezo de 21 euros.
Relacionadas:
-
Alberto San Juan, Emilio Gutiérrez Caba, Marta Vieira e Touriñán, figuras da Tempada de Teatro no Pazo da Cultura
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O amor chega ao Auditorio da Sede Afundación en forma de ópera
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O pianista coreano Seong-Jin Cho e o Trío Arriaga, próximos concertos da Filarmónica de Pontevedra
Por Boris Rodríguez Pintos |