A música tamén pode aprenderse online e a Escola de Marín está a demostralo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Escola Municipal de Música de Marín mantén a súa actividade durante o estado de alarma grazas ás novas tecnoloxías e deste xeito, desde o 13 de marzo cando se suspendeu o ensino presencial, as clases continúan impartíndose a través de sistemas online.
Deste xeito, o alumnado puido continuar mantendo contacto cos diferentes profesores e realizando as súas prácticas cos seus instrumentos na casa baixo o control docente.
Segundo indican desde a Escola MusiMarín inicialmente xurdiron dificultades técnicas que se foron resolvendo co paso dos días e agora son numerosos os estudantes que están realizando a formación a través deste método.
Actualmente, o profesorado imparte clases musicais por vía telemática a 46 estudantes matriculados en diversas materias.