Abre a mostra fotográfica sobre Combarro coa ollada de Paula Andrés e Adrián Porima
Por Redacción
Paula Andrés e Adrián Porima, son dous artistas do Concello de Poio, que a través dunha colección de fotografías ofrecen unha mirada particular de Combarro nunha mostra que se pode visitar na sala de exposicións do Ateneo Corredoira na parroquia máis turística do municipio.
A presidenta da asociación Armadiña Luz Fontán e a concelleira de Cultura Raquel Rodríguez acompañadas polos artistas inauguraban este xoves a exposición Olladas de Combarro, que permanecerá aberta ata este domingo 23 de agosto. O horario de visitas é de 11.00 a 13.00 durante as mañás e de 17.00 a 20.00 horas durante as tardes.
Ambos os fotógrafos ofrecen unha perspectiva diferente de Combarro, ofrecendo imagenes de pesca silenciosa, da natureza descoñecida ou das pedras baixo a luz nocturna. Esta mostra está organizada por ACDeM Armadiña, coa colaboración do Ateneo Corredoira de Combarro e da concellería de Cultura.